Copia de O Consorcio de bombeiros asina o seu primeiro convenio colectivo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/03/uxt_bombeiros_matinsa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/03/uxt_bombeiros_matinsa.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O Consorcio provincial de bombeiros xa ten convenio colectivo. Os catro parques comarcais xestionados por Matinsa acadaron un acordo para regular as súas condicións laborais durante os vindeiros catro anos. O novo convenio afecta a 73 traballadores.

Os bombeiros de Vilagarcía, Ribadumia, Bueu e Porriño contan dende a semana pasada cun convenio colectivo. Os catro parques conseguiron chegar a un acordo para igualar as condicións laborais de 73 bombeiros.

Segundo Pena, este convenio é un trampolín cara conseguir nun período non moi longo de tempo a sinatura dun acordo a nivel galego.

Os catro parques forman parte do Consorcio, composto pola Xunta e a Deputación de Pontevedra, pero xestionado de xeito privado pola empresa Matinsa. A situación dos bombeiros da capital e de Vigo é diferente, xa que seguen a ser traballadores públicos.

Pena tamén avogou pola construción de dous parques de bombeiros máis para poder cubrir de xeito eficiente todo o mapa de emerxencias da provincia.