Mosquera pide a PP e PSOE que retiren as críticas á reordenación viaria

PONTEVEDRA> O edil de infraestructuras e mobilidade de Pontevedra, o nacionalista César Mosquera, nega calquera indicio de improvisación na reordenación viaria que afecta á Ponte da Barca. Asegura que hai un estudio previo que non tivo alegacións sobre este punto que data do 2010-2011. O edil pontevedrés César Mosquera ven de aclarar como quedará o fluxo circulatorio na entrada de Pontevedra pola Ponte da Barca. Este vial será unicamente de entrada, agás para servicios neste entorno desde a Alameda. Mosquera defende que está é a proposta máis suave de todas cantas se recolleron no Plan de Tráfico e Mobilidade da Cidade de Pontevedra elaborado no 2010 e posto a exposición público no 2011. Daquela, asegura o titular municipal de mobilidade, non houbo as alegacións no senso que se están a presentar agora. Nega así o BNG que haxa improvisación nesta reordenación que, amais, aseguran, está falada cos empresarios da contorna que se puideran ver afectados. Responde así ás críticas do PP e mesmo a parte dunha moción dos socialistas. Unhas propostas que deberán ser rectificadas para contar co apoio dos nacionalistas. Neste punto, ó Bloque cónstalle que o PP vai a seguir mobilizando á poboación en contra desta reordenación porque así o formularon na súa organización. Asegura que o PP deu orde á militancia de saír á rúa en contra desta proposta, co que haberá quen se siga opoñendo a pesares de non haber ningún outro estudio ou informe máis que o anteriormente citado, que elaborou no seu día a Policía Local de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/mosquera_nadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/estudio_trafico_barca.mp4{/flowplayer}