Os veciños de San Salvador esixen máis prazas de aparcamento

PONTEVEDRA>  Os veciños de San Salvador, en Poio, piden ao Concello máis prazas de aparcamento. A parroquia está cansa de  que o goberno municipal non lles teña en conta. Por iso, os comerciantes desta zona iniciaron unha recollida de firmas e non descartan levar a cabo mobilizacións veciñais se non se teñen en conta as súas peticións.

San Salvador é unha das parroquias de Poio que máis está a crecer en poboación e, sen embargo, os veciños desta zona viron, nos últimos meses, como se reduciron as prazas de aparcamento. Un feito que está a ocasionar graves consecuencias para os comerciantes.

Os comerciantes e os veciños de San Salvador non entenden que dende o goberno decidisen eliminar as prazas de aparcamento desta zona para instalar unha parada de taxis que, segundo eles, é innecesaria.

Ante esta situación e ante a falta de resposta por parte do goberno municipal, os veciños e os comerciantes decidiron iniciar unha recollida de firmas.

Esta parroquia está cansa da pasividade por parte do Concello de Poio e por iso aseguran que levarán a cabo mobilizacións se o goberno municipal non ten en conta as súas peticións.