Malestar entre as familias do EEI Verducido tras a decisión da Xunta de pechar a unidade de Primaria

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia pechará a unidade de Primaria da Escola de Verducido. O motivo, segundo a Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, é a escasa matriculación para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que chega tras o peche do proceso de matriculación e que sitúa nun limbo aos alumnos deste centro.

Malas noticias para as familias desta Escola de Educación Infantil de Verducido. A Xunta de Galicia anunciou o peche da unidade de primaria para o curso 2020-2021 pola escasa matriculación. Unha decisión que espertou o malestar entre os pais dos alumnos.

Para as familias, esta decisión da Xunta de Galicia chega tarde, mal e arrastro xa que a administración autonómica anunciou esta medida despois de que finalizase o proceso de matriculación. Un feito que deixa aos alumnos deste centro en desigualdade de condicións.

No caso de perder aos 4 alumnos de primaria, este centro quedaríase con tan só unha aula de infantil. O que deixaría nun limbo a toda a comunidade educativa.

Os veciños de Verducido esperan que esta decisión non sexa un paso máis de cara ao peche definitivo desta escola e piden a Xunta de Galicia que non abandone ao rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí