A sardiña está a 6-7 euros o quilo a 4 días do San Xoán

Pontevedra> Entre 6 e 7 euros, ese é o prezo ao que está actualmente a sardiña a 4 días do San Xoán. Dende o Mercado de Abastos estiman que esta cifra aumentará e chegará ata os 10-12 euros de cara ao 23 de xuño. Pese a esta suba os clientes prefiren pagar máis e levar o produto fresco no propio día da celebración.

Di o refrán que polo San Xoán a sardiña molla o pan, e se o fai uns días antes será moitos máis barato… Hoxe quixemos comprobar de primeira man a como está o prezo da sardiña a 4 días da súa xornada grande, o resultado a 6-7 euros o kilo.

Pese a ser máis barata hoxe a xente non se anima a mercala con tanta antelación…

Os veciños de Pontevedra prefiren comprar menos e frescas que máis e conxelalas.

Pese a isto tamén os hai previsores…

Pese a estar ben de prezo, xa se nota a suba deste produto dende a pasada semana…

Unha tradición, a das sardiñas de San Xoan, que dende este punto da cidade di que se están perdendo un pouquiño co paso dos anos.

Ademais dende o Mercado deixan claro que o sábado é un día bo para a sardiña

Pois xa o saben se queren aforrar uns euros, a sardiña está a día de hoxe entre os 6-7 euros o quilo, se pola contra prefiren mercar o produto fresco deberán pagar un pouquiño máis xa que na propia xornada subirá ata os 10-12 euros o  quilo.