A residencia Valle Inclán sae a subhasta en dous meses

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/cig_valle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/residencia_vilanova_201213.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> O conflicto xerado en torno á Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova complícase máis cada día. Agora o sindicato CIG denuncia que existen operacións fraudulentas de contratación entre empresas e de alzamento de bens que levarán en breve ós xulgados. O Sindicato CIG denuncia novas irregularidades na Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova. A dous meses de que se subhaste o centro, a Confederación Intersindical Galega vai a presentar unha demanda penal por alzamento de bens contra Francisco Rodríguez Janeiro, dono de Yanik Vigo e de Viaxes Silgar. Amais, como xa anunciarán, este sindicato recorrerán o proceso de liquidación que está a realizar o administrador concursal para que se readmita ó total dos traballadores da anterior concesionaria e non o 45 % que recolle actualmente. E é que os despedimentos para a CIG son o froito dunha operación fraudulenta entre dúas persoas, Francisco Rodríguez Janeiro e Enrique Martínez Núñez, que sempre foron socios dalgún xeito; e que realizan esta operación de cambio de nome de empresas para liquidar traballadores a prezo de saldo ou mesmo sen pagar. A última descuberta deste sindicato é que Enrique Martínez ven de crear unha nova empresa Residencia de Maiores 2013, ca mesma razón social que Yanik Vigo, Viaxes Silgar e Nurtime, esta última a actual concesionaria. Sería unha estratexia ca que poder optar á subhasta en febreiro desta Residencia cunha licencia administrativa axeitada. A CIG denuncia tamén que a Xunta, grazas ás mediacións do administrador concursal, está pagar parte da cantidade que custan as prazas concertadas a Nurtime, o que supón un balón de osixeno para o actual xerente que lle axudarán a acudir á próxima subhasta.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí