Pontón califica de ‘miserentos’ os orzamentos da Xunta para Muros-Noia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/bngmurosnoiavaloracionorzamentosxunta0311141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/bngmurosnoiavaloracionorzamentosxunta031114.mp4{/flowplayer} NOIA> Os nacionalistas consideran que o goberno da Xunta segue a discriminar a este territorio cun escaso investimento a pesar das necesidades reais existentes.


A deputada do BNG, Ana Pontón, considera que os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2015 seguen unha liña continuista. Segundo ela certifican unha vez máis o escaso interese do Goberno Autonómico para con esta comarca, desenvolvendo políticas erradas que non veñen máis que acrecentar os mesmos problemas: máis precariedade laboral, máis emigración xuvenil e máis deterioro das condicións de vida dps veciños desta comarca. Segundo ela nestes ornamentos tan só paracen dúas partidas reflectidas. As dúas de infraestruturas que apenas acadan o medio millón de euros. Bota en falla partidas destinadas a mellorar aqueles sectores estratégicos nesta comarca como son o mar, o turismo ou o comercio. Para tratar de solucionar estas carencias, o BNG ten previsto presentar diversas emendas, tanto á totalidade como a diversas partidas específicas, que veñen a paliar as principais eivas detectadas nesta comarca.