O PP de Boiro demanda máis investimento en promoción económica e servizos sociais

BOIRO> O PP de Boiro demanda maior investimento en Servizos Sociais e Promoción Económica. Propoñen ademais un plan de asistencia para colectivos vulnerables e novos aprazamentos no pago das taxas municipais.

O Partido Popular de Boiro presentou unha iniciativa solicitando un maior investimento nas partidas orzamentarias destinadas a Servizos Sociais e Promoción Económica para facer fronte ás necesidade derivadas da situación excepcional provocada polo coronavirus. Nesta solicitude demandan tamén un programa especial de asistencia ás familias vulnerables que contemple o subministro de alimentos e produtos de primeira necesidade así como axudas ó alugueiro. Non só para particulares senón que tamén plantexan un plan de apoio ás asociacións que traballen con colectivos en risco de exclusión social ou vítimas da violencia de xénero .

En materia económica os populares apostan por novos aprazamentos no pago das taxas e impostos así como por axilizar o pago de facturas pendentes para reducir os tempos de cobro dos proveedores.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí