Desartellado un punto de venda de droga en Ribeira

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a un mozo da localidade de 22 anos ó que se lle acusa dun presunto delito de tráfico de drogas. Despois de rexistrar a súa vivenda, os axentes fixéronse con diversas substancias estupefacientes e unha cantidade importante de diñeiro en metálico. Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención dun veciño da localidade de 22 anos, coma presunto autor dun delito contra a saúde pública. Segundo informaron fontes policiais as investigacións iniciáronse despois de ter coñecemento da existencia dun punto de venda de drogas. Durante o rexistro practicado no seu domicilio, os axentes intervíronlle 330 gramos de marihuana disposta para a súa comercialización, 175 gramos de resina de haxix e varias plantas de marihuana, así como tamén uns 13.900 euros en metálico distribuidos en billetes de diverso valor. Entre o material comisado atopábanse tamén varias balanzas de precisión, envases para envoltorios, un teléfono móbil, una pistola de aire comprimido e diversas xoias. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.