A Xunta pretende acadar no 2016 os catro millóns de turistas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/10/PLANTURISMOGALICIAOK.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/10/PLAN_TURISMO_GALICIA.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> A Xunta está convencida de que o turismo é un dos principais motores da comunidade, polo que de aquí a 2016 porá en marcha un plan que pretende, entre outros obxectivos, aumentar ata os catro millóns os turistas en establecementos regulamentados e que os internacionais gasten case cen millóns de euros máis. Presentouse esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago. O pasado xoves aprobábase no consello da Xunta e esta mañá, o presidente Alberto Núñez Feijoo presentábao en sociedade. Falamos do Plan Integral de Turismo de Galicia. Unha folla de ruta a despregar entre este ano e o 2016 que se marca catro obxectivos fundamentais: aumentar nun 5,7 % os turistas que se aloxan en establecementos regulamentados acadando os catro millóns de persoas, incrementar tamén a ocupación hoteleira, mellorar a estancia media pasando de 2,13 noites a 2,5 e que os visitantes internacionais baleiren as carteiras gastando case cen millóns de euros máis. Segundo o goberno galego o turístico é un sector con moito potencial por explotar aínda en Galicia, de aí que para acadar estas metas, este lexislatura investirán nel máis de 136 millóns de euros. ¿E como conseguir este empuxe ó turismo? O Plan aséntase en explotar os principais atractivos da comunidade: O Camiño de Santiago, o patrimonio, o medio ambiente, a gastronomía e o termalismo.