O ‘Bus Real’ percorrerá as parroquias de Boiro o día 5

BOIRO> Boiro si terá cabalgata. Aínda que a covid impedirá que se desenvolva como era habitual. As súas Maxestades farán un percorrido o día 5 de xaneiro por tódalas parroquias do municipio no ‘Bus Real’ para recoller as cartas coas peticións de tódolos nenos.

A concellería de Cultura decidiu deseñar este ano, debido á actual situación derivada da pandemia, unha actividade especial para o 5 de xaneiro, xornada previa ó Día de Reis. A suspensión da tradicional Cabalgata para evitar as aglomeracións fixo que o departamento de Cultura tivera que buscar outra alternativa. Será a través do ‘Bus Real’ que percorrerá tódalas parroquias do municipio para que deste xeito ningún neno quede sen poder ver ás Súas maxestades de Oriente e entregarlle persoalmente as súas peticións. I

so si. Durante a visita será obrigatorio o uso de máscara, a desinfección de mans e o mantemento da distancia de seguridade. Para o desenvolvemento da actividade, o Concello conta coa colaboración da veciñanza de Lampón e da empresa Autos R. Outeiral.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí