Detido un veciño de Ribeira por un presunto delito de tráfico de drogas

RIBEIRA> A Policía Nacional  detivo a un veciño da localidade de 21 anos por un presunto delito de tráfico de drogas. A detención produciuse a raíz dun dispositivo policial levado a cabo en plena rúa. Os axentes interviñéronlle diversas cantidades de substancias estupefacientes: cocaína, heroína, haxíx e marihuana, preparadas para a súa distribución e venda. Tamén lle retiraron uns 76 euros en efectivo en billetes de diverso valor e un móbil. Ó prendido, ó que lle constan antecedentes policiais por feitos similares, xa pasou a disposición xudicial nos Xulgados de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí