Unha familia conta as horas para o seu desaloxo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/desaloxo_familia_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/desaloxo_familia_pontecesures.mp4{/flowplayer}

 

PONTECESURES> Unha familia de Pontecesures será desaloxada este venres. O exmarido da cabeza de familia deixou no testamento o usufruto á súa parella, que non está disposta a renunciar a estes dereitos. Despois de case un mes de aprazamento, os sete membros desta familia vense na rúa.

Así resume Victoria o calvario que está a pasar a súa familia.

Os problemas comezaron no 2012. Trala morte do seu exmarido, Victoria e a súa familia trasladáronse á vivenda de Monte de Porto, que o matrimonio construíra nos 80. Non contaban con que no testamento, el cedera o usufruto da vivenda á súa nova parella.

Foi do xulgado de Caldas dende onde chegaron as malas novas.

Victoria insiste en que parte da casa é da súa propiedade, polo que buscou axuda na plataforma Stop Desafiuzamentos de O Barbanza. Pero esta semana queimaron o que, ata o de agora, era o seu último cartucho.

Aínda que recoñece que queda pouca esperanza, non pensa deixar de loitar.

Victoria, a súa actual parella, súa filla, seu fillo, a muller de este e dous menores forman a familia que, de seguir adiante co desafiuzamento, quedarán na rúa.