A cúpula do PSOE promete diálogo para valorar o reforzo da estrutura comarcal

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/psoe_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/psoe_illa.mp4{/flowplayer}

     

    A ILLA> O Partido Socialista comprométese a manter o diálogo aberto coa executiva local da Illa de Arousa. Tras catro horas de reunión, emprazáronse a novas citas para desenvolver as solucións aos problemas postos sobre a mesa. Entre as tarefas pendentes, A Illa destaca a necesidade de reforzar as estruturas do partido a nivel comarcal un mecanismo que, consideran, axudaría a coordinar as accións das agrupacións locais.

    A reunión de catro horas dos socialistas en A Illa rematou onte cun compromiso de diálogo. 

    A  partir de agora, a intención é manter reunións permanentes que permitan atopar puntos de encontro. Sobre todo, buscar o xeito de artellar a principal petición da executiva de A Illa: reforzar a estrutura comarcal do partido, substituída hai anos pola provincial.

    A executiva local, da que o pasado venres dimitían sete dos seus oito membros, volveuse reunir esta tarde para coñecer o contido da reunión. Tamén teñen previsto convocar unha asemblea para trasladar o avanzado aos militantes.

    Os socialistas de A Illa apostan pola acción política para reforzar o respaldo mutuo entre as diferentes agrupacións e estruturas do partido. Polo de momento, a intención é manter abertas as canles de diálogo para atopar unha solución que evite a marcha dos isleños da formación.