RIBEIRA> Unha sesión informativa entre empresarios e asociacións serviu para ofrecer unha primeira aproximación á nova plataforma web turístico-patrimonial do municipio.A iniciativa é unha das actuacións incluídas no proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’, cofinanciado nun 70% con fondos Feder, que está chamada a ser un revulsivo na comercialización do concello como destino. Con tal motivo, dous técnicos de Avansig, empresa encargada da elaboración destes traballos, compareceron xunto ó alcalde, Manuel Ruíz, para amosar o enorme potencial dun proxecto que, en palabras do propio rexedor ‘é moitísimo máis que unha páxina web e está na primeira división das ferramentas tecnolóxicas deste tipo. A plataforma non só está orientada ó visitante, senón que tamén o propio cidadán se verá beneficiado por un amplo abano de servizos conducentes a mellorar a comunicación administración-administrado. E todo isto poderá realizarse tanto a través da dirección web turismo.riveira.es, que xa está habilitada en fase de probas e corrección de erros, como mediante dúas aplicacións para teléfonos móbiles: ‘Smart Riveira’ (orientada a cidadáns) e Turismo Riveira (orientada a visitantes). Ambas xa están dispoñibles en versión beta na ‘App Store’ (teléfonos iPhone) e en Google Play (dispositivos con sistema operativo Android). Co fin de afondar nas potencialidades da ferramenta, as empresas e asociacións terán oportunidade de participar nunha sesión formativa o próximo mércores en horario de mañá na Aula Multimedia de Ribeira situada en Cubeliños. Unha vez rematada estas sesión, o concello ten previsto tamén realizar unha presentación pública desta novidosa plataforma.
Inicio Barbanza - Muros - Noia