Acto simbólico de homenaxe a Valle-Inclán en Santiago

SANTIAGO> O Museo Fundación Eugenio Granell celebrou esta mañá un acto simbólico no que se engalanará coa bufanda vermella a escultura de Ramón María del Valle-Inclán existente na Alameda. O acto foi organizado por iniciativa da Fundación Granell, que dende o ano 2007 busca xerar unha conexión coa famosa colocación da bufanda na escultura de Valle-Inclán no Paseo de Recoletos de Madrid, con motivo do día do teatro. No caso compostelán conmemórase o regreso real e simbólico do escritor a súa terra de orixe, a Galicia e a Compostela en marzo de 1935 para ser tratado da grave doenza que padecía e que padeceu xa ata a súa morte en xaneiro de 1936. No evento, igual que en anos anteriores, contouse coa colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, a través da presenza do seu director, Antonio Gozález Millán que, recordou algúns capítulos biográficos e citas de textos do escritor, aludindo a Compostela recompilados para esta ocasión.