25 empresas optan á construción da senda entre Area Secada e a Ameixida

    RIBEIRA> Unha vez concluído o período de presentación de ofertas, son un total de 25 as propostas presentadas para a execución da recuperación e interpretación da senda mariñeira entre os lugares de Area Secada e o porto da Ameixida: unha das actuacións incluídas dentro do proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder. A acción ten un prezo de licitación de preto de 400 mil euros e o seu prazo de execución será de seis meses. O desenvolvemento deste proxecto constitúe unha prolongación do paseo marítimo polo borde litoral que une a cidade de Ribeira co Touro, outra das iniciativas do ‘Riveira Atlántica 2015’. O paseo terá unha lonxitude aproximada de medio quilómetro, cun itinerario que descorrerá case na súa totalidade pola zona de servidume de tránsito. Para a súa realización empregaranse distintos materiais acordes co entorno no obxecto de causar o menor impacto visual. Fundamentalmente madeira, e tamén zahorra artificial. O proxecto completarase con paneis interpretativos con información medioambiental, bancos de madeira, papeleiras abatibles de aceiro inoexidable e alcorques de fundición.