RIANXO> Para que se lles escoite. Facendo soar pandeiretas, tambores e outros instrumentos a comunidade educativa do colexio Castelao concentrouse a última hora da tarde de onte no patio do centro educativo nunha nova xornada de protesta.
Reclaman o cumprimento das ratios nas aulas e se cubra a praza dunha especialista de pedagoxía terapéutica que está en comisión de servizos.
Tamén piden catro mestres máis, dous titores, un especialista en pedagoxía terapéutica e outro de inglés para cubrir o incremento de horas nesta materia.
Ante as reiteradas fallas de resposta por parte da Consellería ás súas reclamacións, decidiron presentar tamén unha queixa á Valedora do Pobo.
O que si teñen claro e que continuarán facendo ruído…na súa loita ata conseguir o que consideran de xustiza e que lle corresponde.