Aguiño recupera a Festa da Navalla tras oito anos sen celebrarse

RIBEIRA> Aguiño recupera a festa da navalla. Tras oito anos sen celebrarse, a degustación gastronómica volverá ter lugar o domingo 30 de xullo. Serviranse ó redor de mil racións. Este evento súmase a outras celebracións previstas na parroquia ó longo deste mes como son as festas do Carme.

A parroquia ribeirense de Aguiño vivirá un xullo do máis festivo. En tan só unha semana, o día 14 arrancarán as celebracións na honra da Virxe do Carme cunha morea de actividades entre as que destacan a música e a oferta lúdica para os máis cativos.

Tras estas celebracións, Aguiño acollerá o domigno día 30 a Festa da Navalla que se recupera tras oito anos. Serviranse ó redor de mil racións á prancha aínda que tamén cociñadas en paella e en empanada.

A recuperación desta festa gastronómica é froito da colaboración entre o concello de Ribeira, a confraría  de Aguiño e o patrocinio de numerosas empresas.