Novas detencións no marco da ‘Operación Rufus’

    RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira informou da detención esta semana de catro persoas, no marco da segunda parte de la operación ‘Rufus’, contra o tráfico de estupefacientes na comarca. Segundo fontes da propia comisaría ribeirense, os catro detidos ocupaban un escalafón inferior na dita organización, xa que adquirían a droga unhas veces para revendela e outras para o seu propio consumo. Esta mañá pasaba a disposición do Xulgado de Ribeira, un dos catro detidos, un veciño da localidade de 54 anos, mentres que os outros tres, unha vez prestada declaración, foron postos en liberdade, coa obriga de comparecer no Xulgado cando foran requeridos pola propia autoridade xudicial. Os catro son vellos coñecidos da policía por temas de narcotráfico e a varios deles cónstanlle antecedentes anteriores por feitos similares. Fontes policiais confirmáronlle a esta redacción que a operación continúa aberta e non se descartan máis detidos nos próximos días.