Comezan as obras de construción da rotonda nas Saíñas

    RIBEIRA> o executivo local informou do inicio no día de hoxe das obras de construción da nova rotonda destinada a incrementar a seguridade viaria no acceso a Ribeira pola estrada AC-305 e a autovía do Barbanza, a través da avenida da Paz. A empresa Nemesio Ordóñez S.A. é a encargada de realizar esta actuación, que está promovida pola Xunta de Galicia a través da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cun investimento de máis 170 mil euros.