Pesca instala medidores de turbidez na Ría de Arousa

    BARBANZA > O sector mexilloeiro  comeza tamén a dar os primeiros pasos para comprobar a incidencia dos incendios no ecosistema mariño. A Consellería de Pesca acaba de repostar ás demandas deste sector coa colocación de tres medidores de turbidez, uns aparellos que permitirán descubrir se a cinza e restos materiais orixinados polos lumes están a afectar ó cultivo do mexillón.

    A ría de Arousa dispón xa destes tres turbidímetros instalados en polígonos de bateas: dous en zonas próximas á desembocadura do río Ulla e outro na Pobra. Os aparellos foron solicitados por representantes do sector mexilloeiro á Consellería de Pesca nun intento de coñecer polo miúdo a posible incidencia da vaga de lumes no cultivo deste bivalvo.

    Os turbidímetros permiten medir a concentración de partículas verquidas ó mar non disoltas, e levar así un rigoroso control das boas condicións da auga. Os primeiros datos ofrecidos polos medidores instalados na ría da Arousa coñeceranse en breve, ainda que os restos do cinza lonxe de ser perxudiciais, favorecen ós bancos de mexillón ó enriquecer o plancto do que se alimentan estes bivalvos, medidores_turbidez_bateas_300_220806.jpgo que si pode causar estragos é o arrastre de terra dende os montes ó mar. 

    A información ofrecida por estes dispositivos contrastarase con outro tipo de análisis que xa se están realizando no Intecmar de Vilaxoán. Desde que remataron os incendios, este centro da Xunta está a reforzar os controis de calidade da agua para poder actuar con rapidez se se detecta algunha anomalía. Ademais, a partir de agora  incluiranse nos protocolos habituais de control, lecturas sobre a presenza de carbono orgánico e mostras de carne de mexillón coa fin de garantir a súa calidade.

    O sector mexilloeiro seguirá instalando máis turbidímetros, pero desta volta serán colocados en diversos puntos da ría de Vigo.

    Redacción Barbanza