En contra da reforma da Lei de Administración Local

    BARBANZA> O BNG presentarán mocións en tódolos concellos da comarca pedindo a súa retirada, ó considerar que traerá graves consecuencias para os veciños. Dende o BNG considerase que esta reforma aprobada polo Goberno Central o que busca é unha redución de servizos que prestan hoxe en día os concellos, traendo graves consecuencias para os veciños. A través de mocións, que os nacionalistas levarán a tódolos concellos da comarca, avogarase pola súa retirada, plantexando ademais a presentación dun recurso de inconstitucionalidade. A medida, que centraliza as prestacións que se viñan dando nos concellos, vai en contra do municipalismo e favorece ás Deputación, para os nacionalistas, as institucións máis prescindibles, ó ser tamén as menos democráticas, xa que non se elixen directamente pola cidadanía. Segundo os membros do BNG a propia Xunta é consciente do caos que está a xerar esta nova lei. Un pensamento que tamén comparten dende a Federación Galega de Municipios e Provincias.