Noia prepárase para acoller os campionatos de España de Duatlón

A vila de Noia acollerá esta fin de semana, sábado e domingo, os Campionatos de España de Duatlón Contra o Reloxo por Equipos e Relevos. O sábado disputarase proba por equipos por un circuito que, na proba élite estará composto por catro voltas a un percorrido de 1,25 km cada un, seguido de 20,7 km ciclistas, para rematar con outros 2,5 km de carreira a pé. A cita contará coa participación dun total de 86 equipos masculinos e 35 femininos, divididos entre as categorías élite, escolar e open. Polo que respecta á proba de relevos cómpre sinalar que entrarán en acción un total de 73 equipos masculinos e 35 femininos entre tódalas categorías e en élite desenvolverase por un primeiro segmento de carreira a pé de 2 km, 6,9 km sobre a bici, para concluir novamente cun quilómetro de carrera a pé.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí