Unha exposición fotográfica achega Kenia a Porto do Son

    PORTODOSON> “Kenia tierra libre” poderá ser visitada ó longo do mes de maio no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

    A través do seu obxectivo, Lidya Queiruga plasma as súas experiencias e vivencias para poder amosarllas ó mundo. Nesta ocasión preséntanos “Kenia tierra libre”, que conta con decenas de fotografías de paisaxes, animais e persoas en momentos cotiáns da súa vida. A autora é natural de Porto do Son, concretamente da parroquia de Queiruga, pero actualmente reside en Madrid por motivos laborais. A exposición estará presente o Centro de Interpretación do Castro de Baroña ata o vindeiro día 30. Despois está previsto que recorra máis concellos da comarca do Barbanza.