Servizo gratuíto para a revisión das facturas eléctricas

    BARBANZA> A Deputación da Coruña, a través da Fundación Axencia Enerxética Provincial, ofrecerá ós concellos da provincia un servizo gratuíto para o estudo e a revisión das facturas de electricidade. Deste xeito, técnicos especializados encargaranse de revisar e interpretar os recibos emitidos polas compañías subministradoras de enerxía nos concellos co fin de detectar posibles irregularidades e poñerlles remedio. Segundo o texto do convenio marco redactado dende a Deputación, cada concello de xeito individual asinará o acordo de colaboración coa FAEPAC, que é unha fundación promovida pola institución provincial e que inclúe entre os seus fins alentar accións para a utilización eficiente da enerxía e o uso dos recursos enerxéticos provinciais.