Barrantes volve buscar o mellor tinto na XLII Festa do Viño Tinto do Salnés

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/festa_tinto_salnes_ptac.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/festa_tinto_salnes_ptac.mp4{/flowplayer}

     

    RIBADUMIA> Barrantes volve buscar o mellor tinto do Salnés. Xa está todo listo para a Festa do Viño Tinto da comarca, que a fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño celebra a súa edición número 42, cun programa de actividades que fará de Ribadumia unha parada obrigatoria.

    Con preto de 150 viticultores dedicados á súa colleita, ao redor de 2 millóns de kilos de uva e un beneficio que ronda os 3 millóns de euros na comarca, non é de estrañar que Barrantes agarde con ansia a súa Festa do Viño Tinto do Salnés.

    Neste 2014 a festa cumpre 42 anos buscando o mellor tinto da comarca. Por primeira vez, as catas realizaranse nun único local por un Comité de Expertos, buscando unha maior neutralidade.

    Máis de 100 caldos competiron este ano, aínda que á cata final só chegarán os 12 que destacan nunha colleita especialmente boa.

    Por iso a fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño será un bo momento para achegarse a Barrantes e catar os seus tintos, ademais de gozar das diferentes actividades como o concerto de Treixadura ou a proba de bicicleta BTTinto.

    Outro dos momentos clave da Festa será o domingo co nomeamento dos valedores, persoas que destacan pola defensa que fan do Tinto de Barrantes. Serán cinco, dos que xa se coñecen tres nomes: a Asociación Músico-Cultural de Ribadumia, o colleiteiro Alberto Chaves e o compañeiro desta cadea e director de Pleno Aberto, Antonio Blanco.