Os cociñeiros da Festa da Raia prepararán 2.000 quilos deste pescado

raia100_010509.jpgSANXENXO> Na carpa do porto de Portonovo veciños e visitantes teñen oportunidade de probar a raia, que se prepara ata en 6 variedades diferentes.

{flowplayer}images/salnes/DEGUSTACION_FESTA_RAIA.flv{/flowplayer}

SANXENXO> Na carpa do porto de Portonovo veciños e visitantes teñen oportunidade de probar a raia, que se prepara ata en 6 variedades diferentes. Desde a típica caldeirada de raia ata en pastel. Esta é a novidade que achega este ano ó menú Cervecería Azor, que se encargada por primeira vez do catering da Festa da Raia.

Desde ben cedo, un equipo de trinta persoas afánanse nas cociñas para que todo estea a pedir de boca durante toda a fin de semana. En total adquiríronse na lonxa de Portonovo 2 mil quilos de raia, que poderían dar para unhas cinco mil racións. A xulgar polos comentarios dos primeiros comensais, a festa promete repetir o éxito de edicións anteriores.

Pero ademais de comida, a comisión ten preparadas diversas actividades para tódolos gustos. Mañá haberá un Encontro da Terceira Idade que pechará cunha actuación á noite das Vellas do Luar e A Roda. Mentres que o domingo haberá un certame de música coral e un festival de baile rexional e gaita galega.

Redacción Salnés