A Cámara de Comercio prolonga o seu viveiro de empresas cun Centro de Negocios

    VILAGARCÍA> Os emprendedores contan cun novo espazo para botar a andar os seus proxectos. A Cámara de Comercio de Vilagarcía inaugurou esta mañá o seu Centro de Negocios, pensado para ampliar o paraugas de dous anos que xa ofrecen a través do seu viveiro de empresas.

     

    A Cámara de Comercio inaugura o seu Centro de Negocios cun cheo total. Baixo o seu teito conviven xa catro empresas, instaladas neste espazo que prolonga o viveiro de emprendedores.

    Con este importante apoio, os empresarios continúan empurrando os seus proxectos e ampliando os seus negocios.

    E non só dende o punto de vista individual. Con unha empresa do sector medioambiental, unha asesoría, unha certificadora e unha consultora de novas tecnoloxías compartindo espazo, era cuestión de tempo que apareceran as ideas en común: o tan de moda coworking.

    O Centro de Negocios é un paso máis da Cámara no apoio aos novos empresarios, e un proxecto que miran con orgullo. De aí que non desboten amplialo.

    Catro despachos e unha zona de descanso para compartir ideas e proxectos, preto de 150 metros cadrados pensados para reforzar o tecido empresarial da comarca.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/centro_negocios_camara_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/centro_negocios_camara_vilagarcia.mp4{/flowplayer}