LOUSAME> Na proba, celebrada onte domingo, tomaron parte uns 250 corredores dos 363 inscritos inicialmente.
O mal tempo foi sen dúbida un dos condicionantes da carreira, aínda que durante o transcurso da mesma apenas choveu. Dos 363 corredores inscritos inicialmente, sumando tódalas categorías, só 250 tomaron a saída. Foron as categorías escolares as primeiras en tomar a saída, para dar paso posteriormente á carreira absoluta. Na distancia longa, de dez quilómetros, a vitoria no cadro masculino foi para Víctor González. Por detrás del entraron José Antonio Gómez Ríos e Joaquín Dosil. Nesta mesma distancia na categoría feminina o trunfo foi para Tina Fernández, corredora que revalidaba a vitoria conseguida tamén o pasado ano. En segunda posición entrou María González e de terceira Beatriz Barroso. Polo que respecta á categoría de cinco quilómetros, a vitoria foi, en homes, para Fernando Pérez e, en mulleres, para Inés Papin. A entrega de premios celebrouse unha vez rematada a carreira, no auditorio da Casa da Cultura.