Conclúe o curso de busca de emprego de Lousame

    LOUSAME> No curso, organizado polo concello, participaron unha vintena de mulleres.

    A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, clausurou hoxe o curso “Preparación para a busca de emprego”, que se viña celebrando na Casa da Cultura lousamiana dende o 26 de maio. Este obradoiro encádrase na iniciativa “Activa Emprego”, un programa formativo de mellora da empregabilidade entre as mulleres, que está subvencionado pola Deputación da Coruña. As participantes aprenderon a destacar as súas virtudes para acadar un posto de traballo. Mediante contidos prácticos, traballaron na elaboración dun currículo vitae atractivo, na realización dunha correcta carta de presentación e na preparación dunha entrevista de traballo. Así mesmo, adentráronse na utilización de internet para coñecer os distintos recursos que temos ó noso alcance para atopar ofertas laborais. No curso incidiuse na necesidade de potenciar a motivación e a autoestima, dous elementos fundamentais para afrontar con éxito a busca dun emprego.