![]()
A POBRA> A parcela no lugar de San Roque está cualificado como zona verde no PXOM e non cumple co regulamento sanitario mortuorio.
Os terreos proposto polo grupo de goberno pobrés para o emprazamento dun novo centro de saúde están situados no lugar de San Roque a carón do cemiterio parroquial de Santa María a Antiga. Segundo explicaron os socialistas esta parcela correspóndese no PXOM ca zona verde do polígono nove, polo tanto non se pode contruir nela agás que se realice unha modificación no plan para cambiar a cualificación do terreo á zona dotacional.
{flowplayer}barbanza/parcelacamposanto.flv{/flowplayer}
Ademáis, os socialistas creen que o feito de que o terreo estea anexo a un camposanto incumpre o regulamento sanitario mortuorio que establece unha zona de protección de cincuenta metros entre unha nova construción en un cemiterio.
Carta á Consellería de Sanidade
Perante a falta de resposta do goberno local, a agrupación socialista pobresa decidiu remitir á Consellería de Sanidade unha solicitude de información para coñecer a idoneidade da parcela proposta. Ademáis dende esta formación política creen sería máis conveniente reformar as instalacións do ambulatorio existente no municipio, o que, aseguran, non se lle prestou o adecuado mantemento dende a súa inauguración.
Redacción Barbanza










