Comezan as obras de mellora do vial de acceso a Quintáns

    LOUSAME> As obras contan cun orzamento de máis de 32.000 euros e estarán rematadas no prazo aproximado dun mes. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, supervisou o inicio das obras de mellora da pavimentación e ampliación do vial de acceso a Quintáns de Lesende, dende Sampaio, e de ampliación do vial de Horta a Carro, que está a executar a empresa EXOGA, Excavacións y Obras Públicas Galicia SL. Unhas obras orzamentadas en máis de 30 mil euros e financidas grazas a un convenio de colaboración asiando polo Concello de Lousame e a Deputación da Coruña, que achegará un total de 25 mil euros. As obras serán executadas en tres fases.