![]()
BOIRO> A praia da Ribeira Grande, en Cabo de Cruz, será obxecto dalgunhas melloras de cara a este verán.
{flowplayer}barbanza/retiradadepuradoracabo.flv{/flowplayer}
Técnicos da empresa Tragsa procederán, durante a próxima semana, á retirada da antiga depuradora da praia da Ribeira Grande en Cabo de Cruz. Así o comunicou o edil de Obras, Xoán Xesús Ares, responsable das xestións ante a Demarcación de Costas para conseguir que se leve a cabo esta actuación, tan demandada polos veciños.
Xa o pasado ano, xestionarase a retirada da estación de bombeo pero finalmente non se puido levar a cabo por problemas técnicos, xa solventados.
Aporte de áridos
Ademais da retirada desta infraestrutura que, ademais de afear a praia, constitúe un certo risco para os usuarios do areal, especialmente os nenos, a intención do concello é aportar máis áridos continuando coa rexeneración iniciada o pasado ano.
Pouco a pouco, o executivo vai introducindo melloras nos areais do municipio aínda que son conscientes de que, nalgúns casos, como acontece coa Ribeira Grande, queda moito por facer.
Redacción Barbanza









