Detidas dúas persoas en Boiro implicadas na venda dun coche roubado

    BOIRO> A Garda Civil mantén aberta a operación e non se descartan novas detencións. Axentes da Garda Civil de Boiro procederon á detención de dous veciños de Santiago que pretendían vender de forma ilegal un vehículo roubado. Ó parecer, o coche, un audi Q7 de alta gama, que xa foi recuperado, foi subtraído en Madrid. a operación segue aberta e non se descartan novas detencións. É máis, un veciño de Boiro está a ser investigado no marco deste operativo. A todos eles o Instituto Armado impútalles un delito de falsidade documental. Segundo informaron fontes policiais a intención dos agora detidos non era outra que proceder á venda do vehículo, despois de falsear a documentación cos datos técnicos doutro turismo similar e cambiarlle tamén as placas da matrícula.