Os comuneiros únense para evitar a desaparición dos GRUMIR

    peregrino.jpgBOIRO> A previsible desaparición dos GRUMIR nos concellos con parque de bombeiros segue a ser motivo de preocupación en moitos sectores sociais.

    {flowplayer}barbanza/comunidademontesgrumir.flv{/flowplayer}

    As comunidades de montes do Barbanza e Muros-Noia fixeron piña en contra da desparación dos Grumir en concellos como Ribeira ou Boiro. Entenden que o servizo que prestan os profesionais destas agrupacións son fundamentais para a conservación do medio rural. Destacan, por exemplo, a súa colaboración na extinción de incendios forestais e nas incidencias derivadas dos temporais.

    Escritos de apoio

    Nunha recente reunión, coordinada por Silvogal, encargada da xestión da Mancomunidade de Montes Rías de Arousa e Muros Noia, os disitintos representantes das preto de vinte comunidades que integra este organismo acordaron diversas accións.

    Este novo apoio dos comuneiros vense amosar ó amosado xa nos seus días polos alcaldes dos concellos afectados e a cidadanía en xeral. Proba de que os GRUMIR non están sós na súa loita pola permanencia.

    Redacción Barbanza