A ludoteca sonense continuará en servizo ata o 10 de xullo

    PORTO DO SON> Deste xeito a concellería de Servizos Sociais pretende axudar ás familias sonense a conciliar a súa vida familiar e laboral. As familias sonenses que así o desexen poderán beneficiarse do 25 de xuño ó 10 de xullo da ludoteca municipal, que manterá o seu servizo, atendendo a nenos de idades comprendidas entre os catro e os doce anos, O seu horario será de luns a venres de dez e media da mañá ata a unha e media da tarde. Deste xeito cubrirase o oco que queda pendente entre os peches dos colexios e a posta en marcha dos campamentos da movida urbana, conciliando a vida familiar e laboral das familias do municipio. As familias interesadas xa poden presentar as súas solicitudes no propio departamento de Servizos Sociais.