O PP noiés reclama retomar a construción do parquing en Rosalía de Castro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/ppnoiaaparcamentos2006141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/ppnoiaaparcamentos200614.mp4{/flowplayer}

NOIA> Os populares tamén criticaron a paralización e o estado das obras de construción do aparcamento previsto para a rúa Xuíz Falcone. A paralización dende hai máis dun ano das obras do aparcamento que se prevé para a rúa Xuíz Falcone, e o estado no que e atopa actualmente este espazo, levou ós membros do Partido Popular da localidade a reclamar que se retome este proxecto no que está previsto investir uns 300 mil euros. Aínda así para os populares esta actuación non será suficiente para dar resposta ás necesidades de zonas de estacionamento no centro da vila, atendendo ás numerosas solicitudes formuladas polos comerciantes e veciños en xeral. Por esta razón solicitan que se retome o proxecto de ubicar un parquing soterrado na rúa Rosalía de Castro, para o que xa existía un acordo plenario das catro forzas con representación na corporación municipal. O Partido Popular non é a única formación que se interesou pola falla de zonas de estacionamento no centro da vila. Así Compromiso por Galicia volveu solicitar o asfaltado da rúa Xuíz Falcone. Segundo o seu responsable local, Manolo Seijas, festas como Noia Xove ou a Feira Mediaval van evidenciar a falta de aparcamento no centro de Noia. Ademais dende a agrupación galeguista critican a pouca información que o equipo de goberno dá sobre a situación real desta rúa e a tardanza en acometer o proxecto.