Pau á compra ilegal de peixe na lonxa ribeirense

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou dun operativo realizado o pasado venres na lonxa municipal no que se requisaron un total de 41 quilos de peixe a dúas mulleres que non dispuñan do correspondente carné de comprador. Persoal da propia lonxa fíxose cargo desta mercancía: 24 quilos de faneca, 16 quilos de serrán e 1 quilo de pescada, que despois foi doada á residencia de maiores da localidade. Dende a propia lonxa ribeirense deuse aviso desta incidencia á Policía Local, se ben no momento en que os axentes de orde público se personaron no lugar dos feitos, as dúas mulleres xa tiñan abandonado a instalación.