Carmela Silva acusa ao PP de Vilagarcía de oportunismo político

VILAGARCÍA> A presidenta da Deputación de Pontevedra respondeu as críticas do PP de Vilagarcía, en referencia a obra da gardería de Vilaxoan. Silva acusou aos membros do PP da vila de facer electoralismo co tema do centro de educación infantil.

Si onte era parte da oposición de Vilagarcía, os que alzaban a voz en contra do equipo de Goberno da vila pola obra da gardería de Vilaxoán, esta mañá foi a presidenta da Deputación de Pontevedra, a última en pronunciarse sobre o tema. Na súa exposición, Silva acusou aos populares de Vilagarcía de oportunistas.

O Partido Popular de Vilagarcía considera que a xestión deste proxecto, que conta cunha axuda de 600.000 euros da Deputación de Pontevedra é “a peor que se lembra”. Por outra banda o grupo municipal de Esquerda Unida sinala que as explicacións de Ravella supoñen directamente “unha burla”. Ambas formacións enviaron dous comunicados, nos que coinciden en que o executivo “minte” ao asegurar que as obras están “tecnicamente acabadas”. Pola súa banda, hoxe a presidenta provincial tamén fixo referencia a situación na que se atopa a instalación no momento.

Dende o PP sinalan que a portavoz municipal, Elena Suárez, preguntou durante o último Pleno se a gardería estaría lista antes de fin de ano. A resposta de Varela foi que confiaba na palabra do xefe de obra, que lle dicía que si. Con todo, tras acabarse o prazo coa gardería sen cristais e chea de montículos de area, o executivo asegura que as obras están “tecnicamente acabadas” e só hai que finalizar “ desaxustes” detectados pola dirección.