Este próximo domingo disputarase a andaina ‘Costa do Son’

PORTO DO SON> O prazo de inscrición na proba, organizada polo departamento de Deportes sonense e aasociación Arousa Natureza e Ocio, estará aberto ata o xoves día 26. Este vindeiro domingo 29 de xuño terá lugar no concello de Porto do Son unha andaina organizada polo concello sonense, en colaboración coa asociación Arousa Natureza e Ocio de 25 quilómetros de percorrido. A proba descorrerá por espazos de amplo interese paisaxístico, incluindo elementos de gran valor cultural e patrimonial do municipio, como pode ser os castros de Baroña. A ruta, que terá unha dificultade media-baixa, xa que apenas presenta desnivel, arrancará ás nove e media da mañá dende o camping Fraga Balada. Coma novidade a proba ofrece a posibilidade de participar na modalidade de canitrekking, facer o roteiro acompañado do can, ainda que os inscritos nesta opción sairán media hora antes, ás nove da mañá. Durante todo o percorrido efectivos de protección civil e da organización velarán pola seguridade dos participantes, atendendo na medida do posble as súas necesidades en cada quilómetro. Ademais haberá zonas de abituallamento en distintos puntos do percorrido O prazo de inscrición na proba estará aberto ata o xoves 26 e pode facerse nas propias oficinas de Deportes do concello sonense, na tenda Revolutrion en Ribeira ou a través da páxina web www.arousa.com.