Garbajosa e compañía impartiron leccións maxistrais de basket

partido250_300609.jpgVILAGARCÍA> A gran estrela convidada á Basket Camp deste ano, Jorge Garbajosa, abandonou Vilagarcía a última hora de onte. Antes de facelo, participou xunto a políticos, deportistas e xornalistas nun partido de baloncesto celebrado no pavillón Rúa Castelao. Foi un encontro espectacular, en tódolos sentidos.

{flowplayer}images/salnes/basketcamp_300609.flv{/flowplayer} 

Poder traer a tres cracks do baloncesto, supón un gran esforzo. Que os políticos vistan de corto, un exercicio de humildade. Ver a Xosé Castro Ratón disputándolle o salto inicial a Jorge Garbajosa, non ten prezo.

Foi unha tarde difícilmente esquencible para tódolos presentes no pavillón da Rúa Castelao, uns 500. O motivo, un partido de exhibición englobado dentro do programa de actividades da Vilagarcía Basket Camp 2009.

A atención centrábaa por suposto, un dos melllores xogadores que deu o baloncesto nacional en toda a súa historia: Jorge Garbajosa. Foi obxectivo dos flashes e requerido mil e unha veces para a sinatura de autógrafos. Él liderou o conxunto blanco, adestrado por Toa Paterna e no que tamén formaron os políticos José Ramón Lete, José Juan Durán e Tomás Fole, os baloncestistas profesionais Carlos Suárez e Sara Gómez, Pablo Buján de Matín Códax, Manu Villalonga e Juanmi Doval, do Concello de Vilagarcía, e os compañeiros de La Voz de Galicia, Pablo Penedo e Antonio Garrido.

O bando azul, dirixido por Juan Espiñeira, atopou a súa salvación nun Sandro Nicevic que foi prácticamente a única opción ofensiva do seu equipo. Xunto a él, os regatistas e irmáns Carlos e Antón Paz amosaron moi boas maneiras. Completaron o equipo o ciclista Gustavo César Veloso, o tenente de alcalde Xosé Castro Ratón, os empresarios José Luis Teófilo e Felix Acuña, os xornalistas José Luis Chantrero, Diego Doval e Manu Neira e o alma máter de toda esta iniciativa, Alberto Blanco.

O encontro comezou co dominio do conxunto azul, aínda que o marcador quedou parello ó final do primeiro cuarto. Os triples de Garbajosa e a súa asociación con Sara Gómez permitíu ós brancos marcharse 10 arriba e entrar no terceiro e definitivo cuarto con vantaxe dabondo, pero os de Espiñeira pecháronse en defensa e grazas ó contraataque e a un Nicevic reconvertido a triplista acadaron o empate (43-43) co que se chegaría ó remate. A igualada contentou a todos.

Sen tempo practicamente para máis o campión do mundo deixou Vilagarcía para voltar a desfrutar das súas vacacións antes de poñerse a preparar coa selección o Europeo de Polonia. Despois deste subidón, a Basket Camp continuará con outras acitividades atractivas para os rapaces ata finais desta semana.

Redacción Salnés