Presentada a XI Carreira Popular ‘Mar de Boiro. 9º Memorial Pepe Buceta’

BOIRO> A proba, que terá lugar o próximo domingo vinte de decembro, reunirá na localidade ó redor duns seiscentos participantes, sumando tódalas categorías. Esta mañá presentábase no concello unha nova edición, e xa van once, da carreira popular ‘Mar de Boiro. 9º Memorial Pepe Buceta’. A proba, que xa se converteu nun clásico no calendario deportivo galego, desenvolverase o domingo 20 de decembro, coincidindo ademais coa celebración das eleccións xerais. Con respecto á proba en si, poucas variacións con respecto a anos anteriores, xa que se mantén o mesmo percorrido, aínda que con longitudes diferentes para cada categoría. Todas aquelas persoas interesadas aínda poden realizar a súa correspondente inscrición, xa que o prazo estará aberto ata o día 17. Dende a organización agardan superar o número de participantes do pasado ano, ó redor dos seiscentos atletas, e que a proba se convirta nunha gran festa. A proba está organizada polo departamento de Deportes do concello de Boiro e conta co patrocionio de numerosas casas comerciais.