A crise en Santiago podería levar a Jacobo Moreira ao Parlamento Galego

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/agustin_hernandez_alcalde_santiago.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/agustin_hernandez_alcalde_santiago.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> A crise no concello de Santiago ven de pór patas para arriba as listaxes do PP. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, será o encargado de substituír na alcaldía ao xa exrexedor, Ángel Currás. Hernández terá que abandonar o seu escano no Parlamento galego, que, de aceptar, ocuparía o actual voceiro popular en Pontevedra, Jacobo Moreira. O posto de deputado sería incompatible cunha candidatura a alcaldía o vindeiro ano.

Os efectos da crise no concello de Santiago de Compostela xa traspasan os límites municipais  da capital de Galicia.

Onte coñecíamos a dimisión de Ángel Currás á fronte do goberno local, que sucumbía despois de que nove dos seus concelleiros abandonaran a corporación. Agustín Hernández é o chamado a substituílo, que terá que deixar a consellería de Medio Ambiente.

Para poñerse á fronte de Santiago, Hernández tamén renunciará ao escano no Parlamento galego, algo que podería afectar ás listaxes do Partido Popular en Pontevedra. E é que o seguinte na lista do PP para ocupar un posto no Hórreo é o voceiro municipal, Jacobo Moreira.

Segundo Louzán, non hai necesidade de tomar decisións precipitadas.

Pola súa banda, Moreira reiterou que Pontevedra é a súa prioridade. De aceptar ir ao Parlamento, non sería a súa primeira vez no Hórreo, polo que pasou cando se converteu en deputado autonómico en xuño de 2011 tras substituír a José Fervenza. Por aquel entón estivo máis dun ano compatibilizando este posto co de voceiro do PP en Pontevedra.