Máis de corenta establecementos participarán no ‘Sábado Negro’ de Noia Histórica

NOIA> Durante a xornada, que se desenvolverá mañá sábado, os comercios ofrecerán descontos nos seus produtos de ata un 20%.

Hai nove anos Noia Histórica foi unha das asociacións comerciais da comarca pioneiras en impulsar este tipo de iniciativas comerciais de ofertas e descontos inspiradas no ‘blakefriday’ de Estado Unidos. Nove anos despois a campaña segue a desenvolverse. Esta ano participarán máis de corenta establecementos adheridos á entidade de sectores como a moda ou os complementos ou a xoiería. As tendas permanecerán abertas ata as dez da noite, aplicando importantes descontos de ata un 20% en tódolos seus produtos.

Durante toda a xornada haberá tamén outras sorpresas. Xogos e inchables para os máis cativos na Praza do Cantón, sorteos de agasallos e tamén a posibilidade de merendar un chocolate con churros, só por mercar nas tendas adheridas a esta campaña.

Na iniciativa tamén colabora o concello. A edil de Comercio, Mariola López, que tamén participou no acto de presentación, destacou a iniciativa que o que busca é unha dinamización do comercio e da hostalería local.