O Provincial de Pontevedra estrea Hospital de Día Pediátrico

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/conselleira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/conselleira_sanidade_pontevedra.mp4{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, facía estas declaracións na visitou que realizou hoxe en Pontevedra ó novo Hospital de Día Pediátrico, que se inclúe no Complexo Hospitalario Universitario. Unhas novas dependencias destinadas a reducir o tempo da atención ambulatoria dos máis cativos. O Hospital Provincial de Pontevedra alberga no seu interior as novas instalacións do Hospital de Día Pediátrico da área integrada de Pontevedra-Salnés. Situada no andar de hospitalización dos lactantes, conta con corenta e cinco metros cadrados onde poderán atenderse quendas de oito doentes de entre os 0 e os 14 anos. A dotación médica componse dun facultativo coordinador, un profesional de enfermería e un técnico de coidados auxiliar de enfermería; ademais dos médicos responsables do seguimento do neno ou nena. Amais, a decoración feita por un alumno de Belas Artes, fará que os nenos se sintan case coma na casa. E falando de actuacións, a Conselleira de Sanidade asegurou que as obras do Hospital do Salnés están moi próximas a súa adxudicación final. Do que non hai case novidades é o do Hospital de Montecarrasco. O proxecto segue en stand by á espera de financiamento.