Homenaxe a Francisco Lorenzo Mariño no 18º aniversario do seu pasamento

PORTO DO SON> Esta fin de semana celebrouse a Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño que conmemora o pasamento do párroco de Aguiño. Un dos actos centrais foi a ofrenda floral ante a súa tumba no cemiterio de San Vicente de Noal.

Como cada ano, e xa van 18, a asociación cultural que leva o seu nome rendeu unha homenaxe a Francisco Lorenzo Mariño no aniversario do seu pasamento. Entre as numerosas actividades enmarcadas na Semana Cultural celebrouse a tradicional ofrenda floral ante a tumba do párroco no cemiterio sonense de San Vicente de Noal.

Durante o acto, ó que asistiu medio cento de persoas, os socios da entidade depositaron un ramo de flores e deron lectura a un manifesto que reivindica o espazo socio-cultural da parroquia de Aguiño.

A programación da fin de semana completouse coa representación da obra ‘Adulterio Decente’ a cargo de Charamela Teatro de Melide e o concerto de Brais das Hortas para público infantil e familiar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí