BARBANZA> Esta pasada fin de semana falecía no centro hospitalario un veciño de Boiro de 79 anos. Os seus familiares foron postos en cuarentena.
Un veciño de Boiro de 79 anos é a primeira vítima mortal por coronavirus no hospital do Barbanza. ó parecer e segundo informaron do propio centro hospitalario tiña ademais patoloxías previas, que asociadas ó positivo por Covid-19, provocáronlle a morte. Toda a súa familia foi posta en cuarentena para evitar posibles contaxios. Dende a consellería de Sanidade informaron de que neste centro hospitalario continúan ingresadas unhas cinco persoas máis por esta doenza. En toda a área de Santiago-Barbanza a cifra aumenta considerablemente a un total de 529 persoas que deron positivo, aínda que a maior parte dese total permanece controlado e illado nos seus domicilios.