A Xunta mellorará a seguridade viaria do Parque Empresarial do Salnés

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/poligono.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/poligono_cambados.mp4{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Xunta de Galicia e os Concellos de Cambados e Ribadumia acometerán de xeito conxunto, as obras de mellora da seguridade viaria no Parque Empresarial do Salnés. A actuación suporá un investimento de 100.000 euros achegados, case na súa totalidade, polo departamento autonómico.

    O Parque Empresarial do Salnés será obxecto dunha mellora da seguridade viaria en breve. A actuación suporá un investimento de cen mil euros, achegados no seu 95 % pola Xunta de Galicia, aportando o resto os Concellos que abrangue esta zona industrial: Cambados e Ribadumia. As reparacións das beirarrúas prolongaranse nun 1,7 kilómetros, ó igual que a sinalización viaria e a mellora da transitabilidade. Unhas obras que viñan sendo precisas desde fai anos nesta zona industrial, arestora moi minguada pola crise.