Urxencias e Obstetricia do Hospital do Salnés poderán trasladarse a comezos de 2016

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/obras_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/obras_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> As obras de ampliación do Hospital do Salnés avanzan a bo ritmo e cumprindo os prazos previstos. Cando menos, iso ven de asegurar a comisión de seguimento, que mantén que o traslado poderá realizarse no primeiro trimestre de 2016. Esta mañá, os seus membros mantiveron un encontro no que tamén estiveron presentes os responsables dos servizos de Urxencias e Obstetricia, para analizar as necesidades de equipamento e dotación tecnolóxica. O que aínda non está sobre a mesa é a posible ampliación da plantilla.

    A ampliación do Hospital do Salnés avanza segundo o previsto. A comisión encargada do seguemento do s traballos constatou esta mañá que se están a cumprir os prazos e a principios do vindeiro ano o novo edificio de Urxencias e o bloque obstétrico serán unha realidade.

    O xerente de Xestión Integrada da área, o xerente do Hospital do Salnés, técnicos do SERGAS e representantes da empresa que está a executar as obras, reuníronse esta mañá para valorar o avance dos traballos. No encontro tamén estiveron presentes os responsables dos servizos de Urxencias e Obstetricia, para analizar as necesidades de equipamento destas áreas.

    Fálase xa do novo equipamento pero non de novas incorporacións á plantilla. A dirección do hospital asegura que se vai a abordar esta posibilidade, aínda que apraza a análise destas necesidades ao remate das instalacións.

    A ampliación está agora na súa primeira fase. A segunda suporá a construción dun novo bloque cirúrxico, con cinco quirófanos, mentres que a terceira e última inclúe a unidade de coidados postcirúrxicos e un novo Hospital de Día.